O pleno setembro vota a adhesión ao Pacto polo clima e a enerxía

24-09-2019
casa do concello

A corporación teense reúnese este mércores 25 na sesión ordinaria do mes de setembro. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. Tamén se poderá ver por streaming a través da canle de youtube do Concello premendo aquí

Un dos puntos para o debate será a adhesión do Concello ao Pacto dos alcaldes polo clima e a enerxía. Esta iniciativa europea é unha ferramenta que pretende reunir aos alcaldes/alcaldesas das cidades europeas nunha rede permanente de intercambio de información para a aplicación de boas prácticas: mellorar a eficiencia enerxética no ámbito urbano, conseguir unha reducción das emisóns de CO2 no ámbito terriotorial local e aumentar a resiliencia fronte ao cambio climático. 

Nas mocións presentadas atenderanse temas de actualidade como a emerxencia feminista e a emerxencia climática. 

A orde do día ten os seguintes puntos: 

  1. Aprobación das actas do 08:07.19 e do 31.07.19. 
  2. Dación de contas das resolucións da alcaldía (da 584/19 á 739/19).
  3. Dación de conta do informe do cumprimento dos prazos das operacións comerciais, 2º trimestre 2019. 
  4. Ditame da proposta da alcaldía de adhesión á iniciativa europea do "Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía". 
  5. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación do proxecto modificado "Área recreativa horta do cura fase I (POS+ ADICIONAL 1/2019) e desestimento do proxecto "Área recreativa horta do cura fase II (POS+ 2019 COMPLEMENTARIO). 
  6. Ditame da moción conxunta SondeTeo, PSdeG-PSOE e PP de Teo, de apoio á campaña #EmerxenciaFeminista promovida polas organizacións de mulleres con motivo da acción prevista para o 20 de setembro de 2019, en todo o País. 
  7. Ditame da moción do grupo municipal do BNG de recoñecemento ás mobilizacións desenvolvidas polo feminismo galego. 
  8. Ditame da moción do BNG relativa á emerxencia climática e á mobilización do 27 de setembro polo clima. 
  9. Mocións. 
  10. Rogos e preguntas.