O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O pleno debaterá a conta xeral e un plan económico financeiro

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 8 nunha sesión extraordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. Tamén se poderá ver por streaming a través da canle de youtube do Concello premendo aquí

Os puntos máis destacados para o debate serán a proposta da alcaldía de aprobación da conta xeral e o plan económico financeiro (2019-2020) presentado tamén dende a alcaldía. 

A orde do día ten os seguintes puntos: 

  1. Dación de conta da composición das comisións informativas. 
  2. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación da conta xeral 2018.
  3. Ditame da proposta da alcaldía de acordo de non dispoñibilidade de créditos e aprobación de plan económico financeiro: 2019-2020.
  4. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación inicial da modificación da ordenanza reguladora do prezo público pola realización de actividades culturais e deportivas. 
  5. Ditame da proposta da alcaldía de modificación do regulamento de organización e funcionamento das escolas infantís municipais do Concello de Teo. 

 

Casa do Concello