O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O DelasFest deixa un mural en Luou que reivindica o papel da muller no rural

| compartir:

“Espertade, irmás, que xa pasaron as leiteiras”.

Segundo indican dende a organización do DelasFest "logo de varios e intensos días de dedicación, o Dúo Amazonas converteu o gris húmido do túnel da estrada que conecta Luou e Solláns nunha fermosa mullerenaxe ás labregas e ás expresións culturais arraigadas na identidade do noso rural".

Inspiradas na historia das irmáns teenses Aurora e Manuela Liste Forján, Lina Castellanos e Nati Andreoli realizaron, co seu característico estilo realista, unha composición mural que reivindica, a través do retrato de catro pandereteiras e unha leiteira, os oficios feminizados do mundo campesiño.

Un marabilloso labor artístico que, enraizado no contexto, visibiliza o aínda esquecido e desprezado rol das mulleres no sostemento do rural, tanto no traballo produtivo e reprodutivo coma na conservación dos costumes e modos de vida tradicionais.

O DelasFest contou co apoio institucional dos Concellos de Ames, Santiago e Teo ademais do apoio da Deputación da Coruña para convertirse en realidade. Dende o Concello e a organización agradecemos á veciñanza da A.C. A Mámoa de Luou - Teo "por exerceren de anfritrioas, poñéndolle rostro, corpo e alma á historia e idiosincracia do noso territorio; e, especialmente, a Dúo Amazonas por retratar con tanto interese e agarimo o noso país nunha obra na que traballaron sempre con entusiasmo malia as dificultades impostas pola testuda climatoloxía galega" indican dende 7H Cooperativa Cultural .

 

mural