O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello remite o seu informe no prazo de avaliación de impacto ambiental do plan de restauración da explotación Casalonga

| compartir:

O Concello de Teo vén de remitir o informe técnico dentro do procedemento de avaliación ambiental do plan de restauración da concesión de explotación Casalonga II número 6996. A Xunta solicitaba emisión de informe sobre o procedemento de impacto ambiental con data 20 de agosto dando un prazo dun mes para facelo. 

Podes consultar o informe completo premendo aquí

No informe técnico, e así se recolle nas súas conclusións, deféndese que "a tramitación da avaliación de impacto ambiental debe ser ordinaria e non simplificada". O plan de restauración é parte da propia actividade mineira extractiva, por ser unha obriga inherente e necesaria a esta actividade. Segundo o punto 5 do anexo I da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, serán sometidos á avaliación ambiental ordinaria as explotacións visibles dende autoestradas, autovías, estradas nacionais e comarcais, espazos naturais protexidos, núcleos urbanos superiores a 1000 habitantes ou situadas a distancias inferiores a 2 km de tales núcleos. No caso da Casalonga é visible dende a estrada provincial DP-0205, polo que procede a tramitación de avaliación de impacto ambiental como ordinaria e non simplificada. 

Nas conclusións do informe tamén se explica que no plan de restauración presentado non se cumpren as condicións de implantación fixadas no artigo 39 da LSG, concretamente coa condición de garantir o acceso rodado de uso público adecuado á implantación. 

Así mesmo destácase que o plan non ten en conta á hora de devolver os terreos ocupados á súa morfoloxía orixinal, as modificacións de provisión de materiais producidas durante o funcionamento da actividade mineira que modificaron de xeito importante a orografía orixinal. Dende o Concello tamén se considera que existe unha discordancia non xustificada entre o ámbito presentado ao DIA(Declaración de Impacto Ambiental) e o ámbito do plan de restauración. O plan tamén contempla modificacións do sistema xeral viario de titularidade municipal existente dentro do ámbito de actuación, sen que exista autorización nin coñecemento por parte do titular do ben. 

 

canteira Casalonga

Arquivos descargables

Attachment Size
INFORME TECNICO AVALIACION CASALONGA.pdf 253.58 KB