O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello abre a inscrición para a campaña de esquí da Deputación

| compartir:

O Concello abre o prazo para anotarse na Campaña de inverno de esquí promovida pola Deputación da Coruña. Este ano Teo conta con 8 prazas e a quenda asignada é a primeira, dende o 25 ao 28 de xaneiro de 2019. Esta actividade, que quere achegar a práctica deste deporte aos máis pequenos/as, está dirixida a nenos/a de 11 a 15 anos inclusive (cupridos a 31 de decembro de 2019). Terán preferencia as persoas que non teñan participado en ningunha edición anterior desta iniciativa.

A inscrición hai que facela no Concello entregando a ficha de inscrición cuberta ata o 10 de xaneiro no Rexistro Xeral do Concello. A ficha pódese recoller nas oficinas do Concello ou descargar aquí. No caso de mandar a solicitude por correo ou por outra vía oficial como un rexistro noutra administración deberá adiantarse o xustificante de presentación por fax (981.809.401) ata o día de remate da inscrición, o 10 de xaneiro.

A actividade realizarase na estación invernal de Cabeza de Manzaneda en xaneiro e ten un custe de 85 euros por participante. Esta cota inclúe o transporte, estancia, manutencióin, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos na estación e actividades varias.

Unha vez rematado o prazo de inscrición, se o número de solicitudes é maior ca o de prazas, farase un sorteo público na Casa do Concello.

O sorteo público realizouse o 14 de xaneiro xa que o número de solicitudes era superior ao de prazas dispoñibles. O resultado do sorteo pódese consultar premendo aquí

Máis información sobre a campaña premendo aquí

manzaneda

Arquivos descargables