O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Máis de 70 rapaces e rapazas participan no campamento xuvenil municipal este ano. Esta mañá saíron dende a Casa do Concello ás 09:30 horas e teñen por diante unha semana de convivencia na zona de Santa Cruz de Oleiros. Asistiu a despedilos a concelleira de Mocidade, María López, que mañá tamén visitará as instalacións do Albergue "Lar a Mercé" no que estáran ata o día 9 de agosto.
O grupo de hoxe está formado por nenos e nenas nados entre os anos 2002 e 2006 e durante estes días terán a oportunidade de participar dun programa lúdico e educativo no que o xogo e o ocio serán protragonistas. O Concello oferta esta actividade cada ano como unha oportunidade de que a mocidade conte con momentos na época estival que potencien a cultura creativa así como a súa independencia e autonomía persoal.
Queda aínda pendente a saída do campamento infantil que se celebra do 12 ao 20 de agosto.