Debuxa o Nadal, concurso de postais infantil e xuvenil

29-11-2019
postais

O Concello de Teo convoca a vixésima edición do Concurso de Postais de Nadal infantil e xuvenil. O certame pretende que os nenos e as nenas comuniquen a través da linguaxe artística as súas vivencias, intereses e emocións relativas ao Nadal.

Quen pode participar?
Poden concursar todos os nenos e nenas empadroados no municipio e que cursen ata o sexto curso de Primaria. Pode presentarse un debuxo por persoa.

Como se presentan os debuxos?
As propostas teñen que ter unha dimensión máxima de 21 x 15 centímetros. Nas postais de alumnado de Primaria debe escribirse un desexo expresado en lingua galega. Cada postal deberá ter escritos pola parte traseira o nome e apelidos, a idade, o teléfono de contacto, o curso e o centro educativo de Teo no que estuda.

Ata cando se poden presentar?
O prazo comezou o pasado 25 de novembro e remata o xoves 5 de decembro. Poden presentarse no Departamento de Cultura do Concello, na Aula da Informática da Ramallosa (xoves de 16:00 as 20:00 horas), nas bibliotecas do Grilo e dos Tilos ou nos colexios.

Cales son os premios?
Cada postal premiada recibirá un diploma, ademais de vales para material didáctico como libros, xogos ou material escolar.
Na categoría A, de ata seis anos de idade, o primeiro premio terá un importe de 40 euros e o segundo de 20 euros. A categoría B, para primeiro, segundo e terceiro curso de Primaria, os premios son de 50 e de 25 euros. E na categoría C, para cuarto, quinto e sexto de Primaria, os importes son de 60 e de 30 euros.

Consulta aquí as bases do concurso de postais de nadal.