A corporación reúnese na sesión plenaria do mes de xullo

30-07-2019
casa do concello

A corporación teense reúnese este mércores 31 na sesión ordinaria do mes de xullo. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. Tamén se poderá ver por streaming a través da canle de youtube do Concello premendo aquí

Na sesión debaterase de novo a proposta da alcaldía de adicacións exclusivas para o goberno municipal. Tamén se dará conta da liquidación do 2018 e se votará a proposta de festivos locais para o ano que vén. 

A orde do día completa: 

  1.  Aprobación da acta da sesión do 15.06.19 (Constitutiva). 
  2. Dación de contas das resolucións da alcaldía (da 274/19 á 583/19)
  3. Dación de conta do informe do cumprimento dos prazos das operacións comerciais, 1º trimestre 2019. 
  4. Dación de conta da liquidación 2018. 
  5. Dación de conta do informe de intervención sobre os reparos formulados no exercicio 2018. 
  6. Ditame da proposta da alcaldía de festivos locais 2020. 
  7. Ditame da proposta da alcaldía relativa ao expediente de revisión de oficio da resolución da alcaldía do 25 de marzo de 2019 (RES 220/19), concedendo a compatibilidade a D. Jesús M. Fernández Caamaño para o exercicio da avogacía: proposta de resolución e solicitude de ditame ao Consello Consultivo. 
  8. Proposición da alcaldía sobre dedicacións exclusivas e parcial. 
  9. Proposición da alcaldía sobre nomeamento de representantes en órganos colexiados. 
  10. Mocións. 
  11. Rogos e preguntas.