Abre o prazo para inscribirse no curso de graduado en ESO

18-01-2019
libro

O Concello abre o prazo para anotarse no curso de preparación das probas para o obtención do título de Graduado en ESO. As solicitudes para participar como alumno/a está aberto dende o luns 21 de xaneiro ata o 8 de febreiro. Xunto coa solicitude hai que presentar unha copia do DNI no Rexistro Xeral. Descarga aquí o impreso de solicitude que tamén podes recoller nas oficinas municipais.

O curso de preparación das probas para a obtención do título de Graduado en ESO comenzará a mediados de febreiro de 2019 e terá unha duración de seis meses. Está dirixido a todas aquelas persoas que cumpriran os 18 anos durante o 2018 e que non dispoñan do título. As clases impartiránse na Casa Común de Oza en horario de 20.20 a 22.40 de luns a venres.

A admisión no curso, que conta con 35 prazas, efectuarase por orde de entrada da solicitude no Rexistro Xeral de Entrada do Concello, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Teo. Establécese un número mínimo de 15 persoas inscritas para a realización do curso. No caso de non acadalo non se poñerá en marcha.
 

Arquivos