O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Aberto o prazo para as actividades da Aula de Informática do Concello

| compartir:
Parroquia
Lucí

Está aberto o prazo para anotarse nas actividades na Aula de Informática do Concello. As datas das distintas formacións irán de febreiro a agosto abordando temas que van dende a iniciación á informática ata o manexo de ferramentas como OpenOffice, Canva ou Google Maps.

Destinados a persoas empadroadas no Concello de Teo maiores de 16 anos, nas actividades para a infancia e xuventude, as súas idades deberán estar entre os 5 e os 16 anos según o caso.

Deberá haber un mínimo de 6 participantes para realizar a actividade e no caso de haber máis solicitudes ca prazas realizarase un sorteo público 2 días antes do comezo de cada actividade e as listas definitivas quedaran expostas na Aula de Informática do Concello.

O prazo de inscrición irá desde o 4 de febreiro e ata 3 días laborables antes do comezo de cada actividade.

Formalización da inscrición:

1– Cubrir a ficha de inscrición, podese recoller na Aula, na Mediateca ou no Rexistro Xeral do Concello. Tamén se pode descargar o arquivo que acompaña esta entrada.

2– Presentar a ficha no Rexistro Xeral do Concello.

3– No caso dos cursos, facer o pagamento de taxas (xeral 20 €. Revisar as exencións existentes) e entregar o xustificante na Aula de Informática, tras a comprobación de estar admitido na actividade.

Programación aula de informática

Arquivos descargables