A Xunta Local de Seguridade de Teo traballa na coordinación de medios orientada á prevención de delitos

21-12-2018
xunta local seguridade

A Xunta Local de Seguridade de Teo reuniuse esta mañá coa presenza da Subdelegada do Goberno Pilar López-Riobóo e o alcalde de Teo, Rafael Sisto. Un dos temas centrais dos que se falou foi do descenso dos roubos nas zonas residencias do Concello. Segundo os datos aportados pola Subdelegación no que vai de ano téñense contabilizado 20 roubos menos en vivendas, o que supón unha rebaixa do 35%.

Teo sigue a ter uns parámetros positivos respecto do índice de criminalidade, que miden o número de delitos por cada 1000 habitantes. Teo ten unha tasa de 20, lonxe da provincia que está en 30, Galicia en 27,4 ou a cifra do Estado por riba de 40. Si que se detectou un incremento de delitos de tipo tecnolóxico e roubos en vehículos.

Na xuntanza, con presenza da garda civil, policía autonómica, policía local e protección civil destacouse a boa coordinación entre os distintos corpos de seguridadena aspecto no que se quere seguir afondando para facela máis eficaz e traballar na prevención da delincuencia. Tamén se explicou que nos últimos meses dende a garda civil se ten despregado unha unidade especial ata en 19 ocasións, e que se ten detectado o seu efecto positivo na reducción dos roubos.

Viogen

Outro dos aspectos fundamentais acordados foi a integración do Concello no sistema Viogen, o Sistema Integral nos Casos de Violencia de Xénero. Deste xeito traballarase para que persoal da policía local poida ter acceso a ese sistema e se poida colaborar na atención destes casos.