Xa está na rúa o informateo de outubro

02-10-2018
parque

O informateo de outubro, publicación de información municipal que edita o Concello todos os meses xa está na rúa. Neste número infórmase da emisión do informe municipal sobre o plan de restauración promovido por Toysal. Días despois dende Industria infórmase da denegación do citado plan.

Outros temas que se recollen no Informateo son o comezo de dous obradoiros de emprego, as obras de renovación do alumeado, a instalación dun parque de xogos en Lampai e de lombas redutoras en varios puntos do Concello ou as obras de mellora nos pavillóns dos Tilos e A Ramallosa.

Así mesmo recóllese unha intensa axenda cultural centrada este mes no teatro, ademais dun recordatorio sobre a renovación do bono social eléctrico que remata o 8 de outubro.

Consulta aquí o Informateo completo.