O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Solta de libros polo Día do Libro no Parque dos Tilos

| compartir:
Parroquia
Os Tilos

Para conmemorar o Día do Libro (23 de abril), as bibliotecas do Concello de Teo participan na campaña da Deputación da Coruña "Libros para sermos libres" cunha solta de libros conxunta en 30 concellos da provincia. En Teo será o 21 de abril, aproveitando as carreiras escolares da Batalla de Cacheiras entre as 11:30 e 13:30 horas diante da Biblioteca dos Tilos.Haberá libros de diversas temáticas e para diferentes idades cedidos pola Deputación da Coruña e pola Bibliotecas Municipais de Teo que poden levarse de balde.

Libros para sermos libres nos Tilos