O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O pleno votará o regulamento do espazo de traballo colaborativo de Solláns

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 26 de setembro na sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal.

Un dos puntos para o debate será a ordenanza e regulamento para a posta en funcionamento do espazo de traballo colaborativo que funcionará na antiga escola unitaria de Solláns. Tamén se leva a pleno a aprobación da conta xeral do ano pasado así como os festivos locais para o 2019, unha moción do BNG sobre a ponte de Pontevea ou unha moción conxunta de Sondeteo-Anova e PSdeG-PSOE sobre a atención a mulleres con endometriose.

A orde do día ten os seguintes puntos:

  1.  Aprobacióni das actas das sesións do 27.06.18 e do 26.07.18.
  2. Dar conta das resolucións da alcaldía (da 602/18 á 774/18).
  3. Dar conta do cumprimento do artigo 104 BIS da lei 7/1985, do 2 de abril, en relación co persoal eventual.
  4. Dar conta do informe de intervención sobre o cumprimento dos prazos de pago, 21 trimestre 2018.
  5. Dar conta do informe de intervención sobre os reparos formulados no exercicio 2017.
  6. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación da conta xeral 2017.
  7. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación inicial da ordenanza reguladora da taxa pola utilizacióin do espazo de traballo colaborativo de Solláns-ETC de Teo.
  8. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación inicial do regulamento do espazo de traballo colaborativo de Solláns-ETC de Teo.
  9. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación dos festivos locais do Concello de Teo para o ano 2019.
  10. Ditame da moción conxunta de SondeTeo-Anova e PSdeG-PSOE sobre a atención a mulleres con endometriose e divulgación da doenza no Concello.
  11. Ditame da moción do grupo mixto relativa á posta en marcha dun plan integral de valorización da ponte de Pontevea.
  12. Mocións.
  13. Rogos e preguntas.

 

etc