O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Informateo de xuño destaca a celebración do Festeo e a problemática da planta de residuos

| compartir:

O Informateo de xuño recolle nas súas páxinas centrais un dos aspectos que está xenerando moita preocupación e interese nestes días, o proxecto de instalación dunha planta de residuos na Casalonga por parte da empresa Toysal. Neste número do boletín de información municipal infórmase das características do proxecto segundo o presentado pola empresa despois da reclamación do mesmo que se fai dende o Concello. A maiores tamén se destaca a axenda de actos en relación con este tema, unha mesa redonda o mércores 6 no restaurante San Martiño ás 20:30 horas e outra asemblea informativa no Auditorio da Ramallosa o luns 11 de xuño ás 20:30 horas. Esta asemblea na Ramallosa está pensada para as persoas que non puideran asistir ás reunións xa realizadas en Calo e de parroquias máis lonxanas á zona da planta. 

Outro dos temas que se recolle é a celebración do Festeo e da Feira da terra o domingo 10 de xuño na carballeira de Francos. Na portada do Festeo aparece a imaxe dunha das citas principais da xornada, o concerto da cantautora coruñesa María Xosé Silvar ´SES´ ás 20:30 horas como fin de festa.

O informateo recolle outros temas como a apertura das piscinas municipais descubertas de Luou e dos Tilos dende o 15 de xuño, a información sobre a matrícula das escolas infantís municipais na primeira quincena de xuño, a convocatorio do Consello parroquial de Reis o 8 de xuño ou o calendario de clausuras das escolas deportivas e culturais municipais.

Descarga aquí o Informateo de xuño

asemblea

Arquivos descargables

Attachment Size
InformaTeo_Xunho2018_web.pdf 422.23 KB