O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Informateo cambia de cara para convertirse nunha ferramenta máis útil

| compartir:

O Informateo, a publicación mensual do Concello de Teo, vén de sufrir algúns cambios para convertilo nunha ferramenta máis útil de comunicación coa cidadanía. O máis destacado é o incremento no número de páxinas, pasando de 4 a 8, e un cambio de deseño gráfico para ter unha imaxe máis atractiva e actual.

O maior número de páxinas permitirá facer un tratamento máis axeitado aos temas de interese municipal e sobre todo que se poidan incluír todos os asuntos destacados do mes de edición. O Informateo é mensual e gratuíto e distribúese a todas as vivendas de Teo por correo postal.

No número de xaneiro, entre outro temas, infórmase das obras de acondicionamento dunha zona verde nos Tilos, da aprobación do plan de obras POS 2018 ou da campaña municipal para ensinar a combater a nespra asiática. Tamén hai espazo para os programas de envellecemento activo ou a polémica coa nova delimitación de estradas autonómicas da Xunta de Galicia que afecta a varios núcleos en Teo.

Outros temas como o premio da Cultura Galega 2017 para o programa Apego, unha nova consulta cidadá sobre a retirada de camelias en Cacheiras, a cabalgata de reis ou o novo bono social tamén teñen oco neste novo informateo. Outro espazo destacado, coma sempre, é a axenda mensual de actividades municipais que podedes descargar premendo aquí.

Podedes consultar aquí o Informateo de xaneiro de 2018

Podedes consultar aquí a axenda de xaneiro de 2018

informateo Tilos

Arquivos descargables

Attachment Size
INFORMATEO XANEIRO 2018.pdf 520.49 KB
Axenda_xaneiro2018.pdf 146.05 KB