O Festeo contará coa presenza do grupo de mulleres caboverdianas Batuko Tabanka

05-06-2018
batuko

O Festeo , que se celebra este domingo 10 de xuño na carballeira de Francos, contará  este ano con moita música dirixida a un público moi variado. E unha das actuacións da mañá terá como protagonistas a un grupo de mulleres de orixe caboverdiana. Son o grupo Batuko Tabanka que tocará ás 13:30 horas amosándonos unha mostra do folclore de Cabo Verde.

As mulleres que forman Batuko Tabanka están afincadas na Mariña lucense e a través dos seus temas falan de emigración, identidade ou da situación da muller. A agrupación reivindica a música tradicional de Cabo Verde ao tempo que difunde a súa cultura entre a sociedade galega, visibilizándoa e favorecendo actitudes de respecto cara a poboación migrante. Así o fan mentres baten con forza e alegría sobre un pano pregado que colocan entre as pernas, o batuko, e mesmo saíndo a bailar nalgunhas cancións.

Esta actuación chega ao Festeo grazas á colaboración que mantén o Concello de Teo co Fondo Galego de Cooperacióin e Solidariedade e con ela apóstase por promover a inteculturalidade e a inclusión.

Música familiar con Pesdelán

O Festeo tamén terá un oco para a música familiar, dirixida aos máis pequenos e pequenas da casa. Neste caso dende as 16:30 horas contaremos coa actuación da formación Pesdelán. Esta formación fai música con moito ritmo e dende logo animará aos asistentes a bailar na punta de pé  

O fin de festa será o concerto da cantautora María Xosé Silvas ´SES´que comeza ás 20:30 horas.

Plataforma Casalonga Limpa de Residuos

Por outra banda nos últimos días na zona na que se vai celebrar o Festeo están traballando activamente contra a instalación dun proxecto de planta de residuos na Casalonga. A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos estará cun stand na feira para informar sobre esta situación e sobre as actividades que están realizando.

Máis información sobre a programación do Festeo 2018 e da Feira da terra premendo aquí

Preme aquí para ver a ubicación da Carballeira de Francos, lugar de celebración do Festeo e da Feira da Terra

 

 

 

 

Arquivos