O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O entroido en Reis volverá a contar coa presenza do Demo

| compartir:
Parroquia
Reis

A parroquia de Reis celebra o entroido dos xenerais da Ulla o sábado 3 e domingo 4 de febreiro. Ademais dos coros, dos xenerais e correos, en Reis volveremos a contar coa presenza do Demo, unha personaxe propia que só se pode ver nesta parroquia. As dúas xornadas festivas pecharanse co tradicional atranque no campo da festa programados para as 19:30 horas.

As comparsas e os xenerais percorrerán o sábado os lugares de Coira e pasarán polo Freixeiro, Valiñas, Samar, Pazos, Montecelo, Piñeiro, A Freiría, a Ribeira e rematarán no campo da festa. O domingo sairán pola mañá do Ferreiriño e pararán en Chao do Río, Outeiro, o Calvario, a Ribeira, Olveira, Xermeade, Pontevea e volverán a rematar no campo da festa. As coordenadas GPS do campo da festa son as seguintes: 42º 46´ 17.9"/ 8º 33´ 10.1"

 

entroido Reis