O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello realizará un novo curso de preparación das probas para obter o título de Graduado en ESO

| compartir:

O Concello de Teo oferta, un ano máis, o curso de preparación das probas para a obtención do título de Graduado en ESO que será de balde e terá unha duración de seis meses. Está previsto que comece a mediados de febreiro e as clases impartiranse na Casa Común de Oza en horario de 20.20 a 22.40, de luns a venres.

Esta oferta educativa está dirixida a aquelas persoas maiores de 18 anos, ou que os cumpriran antes de rematar o 2017, e que non dispoñan deste título. Para participar no curso hai que presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello entre o 26 de xaneiro e o 13 de febreiro acompañándoa do DNI do solicitante. A instancia de solicitude pódese recoller nas oficinas municipais ou descargar premendo aquí.

O Concello oferta oferta 35 prazas para este curso e a admisión farase por orde de entrada da solicitude no Rexistro xeral do Concello, tendo preferencia as persoas empadroadas en Teo. Para a posta en marcha da actividade establécese un número mínimo de persoas inscritas. No caso de non haber suficientes solicitudes non se poñerá en marcha. 

Graduado en eso

Arquivos descargables

Attachment Size
instanciagraduadoeso2018.pdf 88.6 KB