O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello publica a lista de subsanación das bolsas de ensino e transporte

| compartir:

O Concello publica a lista de subsanación das solicitudes de bolsas de ensino e transporte deste curso 2017/18. O prazo para subsanar remata o 15 de maio e as persoas que deben facelo deben entregar en prazo a súa xustificación documental no Rexistro Xeral do Concello.

Consulta aquí a listaxe completa das solicitudes que deben subsanar

No caso de non presentar a subsanación en prazo desestimarase a solicitude perdendo o seu dereito á axuda. Na listaxe aparece o nome do/a solicitante e xa se especifica a documentación pendente que pode ir dende a falla da declaración da renda, de factura, copia do DNI, copia do libro de familia...

Unha vez rematado este prazo para subsanar e revisada a documentación presentada publicarase a lista definitiva coa concesión das axudas. O Concello inviste cada ano preto de 30.000 euros nestas bolsas que pretenden fomentar o ensino público.

bolsas

Arquivos descargables