O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello organiza unha excursión só para mulleres a Ribadeo e Mondoñedo

| compartir:

Dentro do programa de actividades polo Día da Muller o Concello de Teo vén organizando unha excursión á que só poden asistir mulleres. Este ano será o domingo 8 de abril a Ribadeo e Mondoñedo. As prazas son limitadas e completaranse por orde de inscrición. Hai que anotarse no Centro de Información á Muller (CIM) chamando ao 981809707 ou enviando un correo electrónico a cim@teo.gal

A saída o día 8 farase ás 08:00 horas dende o Concello, na Ramallosa. Ás 10:00 horas chegarán a Ribadeo, onde farán unha visita guiada. Esta localidade é Ben de Interese Cultural na categoría de conxunto histórico dende 2004. Despois deste percorrido polo núcleo urbano de Ribadeo achegaranse á illa Pancha onde se fará unha ruta pola costa de 2,5 quilómetros.

Ao mediodía farase o xantar en Mondoñedo. O menú ten un custe de 15 euros. Ás 16:00 horas farase unha visita guiada por Mondoñedo. Ás 17:30 horas visitarase a Catedral de Mondoñedo con visita de guiada e audioguía (3 euros).

Illa Pancha

Arquivos descargables

Attachment Size
excursionmulleres.jpg 2.49 MB