O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello oferta o programa de conciliación Diverteo para as datas do entroido

| compartir:

O Departamento de Benestar publica a convocatoria do programa de conciliación Diverteo entroido, ofertado para os días 12, 13 e 14 de febreiro no CEIP da Ramallosa. Segundo explica o concelleiro Ignacio Iglesias, "trátase da primeira vez que se oferta nestas datas e facémolo de xeito experimental e escoitando as demandas de pais e nais que nolo propuxeron".

Se existe unha demanda real para estas datas o diverteo entroido poderase realizar todos os anos. Nesta ocasión indícase que debe haber un mínimo de quince persoas anotadas para que se poida realizar.

O programa, que funciona de xeito estable nos períodos de vacacións escolares, está dirixido a nenos/as escolarizados/as nos CEIPs e CRA de idades entre os 3 e os 12 anos, con preferencia para as persoas empadroadas en teo. O horario do servizo é de 07:30 a 15:30 horas con comedor ou de 07:30 a 14:00 horas sen comedor.

A inscrición no Diverteo entroido está aberta dende o 2 ao 12 de xaneiro. Haberá que entregar a ficha de inscrición no rexistro do Concello aberto de luns a venres de 08:00 a 14:00 horas. 

Os prezos por día son os seguintes: Atención educativa: 5 euros. Almorzo: 0,5 euros. Xantar: 3,5 euros. Servizo completo: 9 euros. O prezo do programa é completo, non por días soltos.

Consultar a táboa de prezos e bonificacións (bop nº 33, do 19/02/16 e no bop nº 229 do 02/12/2016) para outras opcións.

A listaxe de admitidas/os publicarase a partir do 16 de xaneiro na páxina web (teo.gal) e no taboleiro do Concello. O pagamento pódese facer ata o 26 de xaneiro, incluído. Unha vez feito o pagamento hai que entregar o comprobante no Concello ata o 27 de xaneiro. Se non se entrega o xustificante pérdese o dereito á praza. O 31 de xaneiro publicarase a lista definitiva de admitidos/as e farase chamamento ao listado de agarda se quedan vacantes.

Máis información sobre esta convocatoria no teléfono do Concello: 981.815.700.

Esta actividade está organizada polo Concello de Teo (Departamento de Igualdade) e está subvencionada pola Unión Europea e pola Xunta de Galicia.

Diverteto entroido

Arquivos descargables