O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello mellora o equipamento das escolas infantís municipais

| compartir:

O Departamento de Benestar do Concello de Teo vén de mellorar o equipamento das escolas infantís municipais, concretamente con actuacións nas súas infraestruturas e no mobiliario de xogo. Estas actuacións realizáronse co cofinanciamenteo dunha subvencións do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Segundo explican dende Benestar fíxose a reforma dun baño dunha das aulas da EIM da Ramallosa, de xeito que se poida usar para as distintas idades do alumnado do centro. Incorporáronse sanitarios e lavabos adaptados ao alumnado que xa comeza a facer uso destes de xeito máis autónomo. Así mesmo dotáronse as tres escolas de novos equipamentos de xogo que pretenden incidir na mellora da contorna que acompaña o proceso de aprendizaxe e socialización durante a infancia. Concretamente mercouse unha casiña e un tobogán para o espazo de xogo de cada centro, Tilos, Calo e A Ramallosa. O gasto executado achegouse aos 10.000 euros, case a metade subvencionado a través dos fondos FEDER.


No actual curso escolar 2017-2018 o total de prazas de atención simultánea nas EIM é de 164. A amplitude do horario de atención que proporcionan estes tres centros, o cal se estende entre as 7:30 e as 20:30 horas, permite acoller na actualidade un total de 175 nenas e nenos de menos de tres anos. Tomando como referencia os datos do padrón de habitantes de 2016 referidos a este grupo etario, a porcentaxe de cobertura atópase no entorno do 40%. A dinámica de funcionamento da rede e escolas infantís municipais permite a incorporación ao longo do ano, e neste senso cabe destacar que o acceso neste momento permite principalmente incorporacións en horarios de tarde.

Fondo Social Europeo, FEDER unha maneira de facer Europa

A Xunta de Galicia e a Unión Europea colaboraron no financiamento destas melloras tanto da infraestrutura como de equipamento das escolas infantil municipais. A mellora da infraestrutura da EIM da Ramallosa e a dotación de materiais de xogo para as EIM dos Tilos, Calo e A Ramallosa están cofinanciadas polo Programa Operativo FEDER. Obxectivo temático “conseguir unha educación de calidade”.

feder

Placa xustificativa da subvención