O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello informa do proxecto presentado para a instalación dunha planta de reciclaxe na Casalonga

| compartir:

O Concello vén de convocar unha xuntanza en Calo para informar da solicitude presentada no Concello pola empresa Toysal en relación co proxecto dunha planta de xestión de residuos ubicada na antiga canteira na Casalonga. A promotora do citado proxecto presentou no Concello unha solicitude de compatibilidade urbanística, un trámite dentro da tramitación administrativa que debe realizar na Xunta.

Á vista do proxecto, e preocupados polo impacto que pode ter unha instalación destas características nunha zona residencial e cunha alta densidade de poboación dende o Concello convocause á veciñanza para informar dos datos que se teñen ata o momento.

A Xunta de Galicia é a administración que tramita a autorización deste tipo de actividade. O alcalde, Rafael Sisto, destacou na reunión a importancia do período de exposición pública, momento no que se poden presentar alegacións. A veciñanza presente falou da necesidade de iniciar accióins para que todos os veciños/as sexan conscientes do problema e da posibilidade de crear unha plataforma de afectados.

A nivel municipal realizarase unha reunión de voceiros a semana próxima para informar do tema e ver que accións se poden realizar a nivel institucional.

Consulta aquí o proxecto presentado pola empresa

 

Dende o Concello encargouse un informe sobre este proxecto que podes consultar aquí

 

 

 

canteira

Arquivos descargables

Attachment Size
proxecto toysal.pdf 11.16 MB
Informe sobre Proxecto Toysal.pdf 4.81 MB