O Concello abre a inscrición para a campaña de esquí que organiza a Deputación

04-01-2018
Manzaneda

O Concello de Teo participa, como cada ano, na campaña de esquí que organiza a Deputación da Coruña. Esta actividade, que pretende fomentar o deporte entre os/as máis pequenos/as, está dirixido a nenos e nenas empadroados en Teo nados nos anos 2003, 2007, 2005, 2006 e 2007. As prazas dispoñibles para o Concello de Teo son oito e terán preferencia as persoas que non teñan participado anteriormente nesta campaña de neve da Deputación.

A inscrición pódese facer no Rexistro Xeral do Concello ata o 16 de xaneiro ás 14:00 horas. No caso de mandar a solicitude por correo ou por outra vía oficial deberá adiantarse o xustificante de presentación por fax (981.809.401) ata o día de remate da inscrición, o 16 de xaneiro. Unha vez rematado o prazo, se o número de solicitudes é maior ca o de prazas, farase un sorteo público o día 18 de xaneiro ás 13:00 horas na Casa do Concello.

Para anotarse hai que entregar a ficha de inscrición debidamente cuberta.

A actividade realizarase na estación invernal de Cabeza de Manzaneda do 9 de marzo ao 12 de marzo de 2018. Ten un custe de 85 euros por participante e inclúe o transporte, estancia, manutencióin, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos na estación e actividades varias.