O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O 10 de xaneiro celébrase o sorteo da campaña no comercio "Tamén en Nadal, merca en Teo"

| compartir:

Este mércores 10 de xaneiro celébrase no Salón de plenos do Concello o sorteo público dos premios da campaña no comercio local "Tamén no Nadal, merca en Teo".

Por cada premio extraeranse tres números, o premiado e dúas reservas por se non aparece a persoa gañadora.

As persoas premiadas (incluídas as que posúen os números en reserva) dispoñen dun prazo de 15 días a contar a partir do día seguinte ao sorteo (ata o 26 de xaneiro) para contactar co Concello para identificarse e, no seu caso, reclamar o premio. No caso de que a persoa que posúa o número gañador non contacte, o premio recaerá no primeiro número en reserva e, si este non contacta, pasará ao segundo número en reserva.

Os premios desta campaña son: o primeiro un abono anual para a piscina municipal climatizada da Ramallosa; o segundo unha cea para dúas persoas, con aloxamento e almorzo, nun dos seguintes establecementos hoteleiros do concello: Pazo de Adrán, Casa Grande de Cornide e Parada de Francos e o terceiro unha actividade de aventura para 4 persoas que se desenvolverá en Teo (a elixir entre un descenso polo Ulla, paintball ou un paseo a cabalo).

A campaña no comercio tivo unha gran acollida por parte dos locais cun total de oitenta establecementos adheridos.
 

campaña nadal