O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

De Osebe á Ramallosa, os Magos de Oriente percorrerán Teo.

| compartir:

Este venres 5 de xaneiro os magos de Oriente chegan un ano máis ata a estación de tren de Osebe.

A chegada a Osebe será ás 15.50 h. Dende a estación de tren continuarán o seu percorrido  para o centro da SR de Calo, a onde chegarán sobre as 16:20 horas, logo visitarán o local da Pontevella en Pontevea ás 16.55 h, irán ata o centro comercial dos Tilos sobre as 17:50 e pasarán polo centro cultural da AC Rosalía de Castro ás 18:25 horas.

No pavillón municipal da Ramallosa haberá actividades dende as 17:45 horas para facer máis amena a espera das súas maxestades. Teremos inchables, un photocall, unha máquina de facer pombas de millo ou chocolate e roscón de reis que se repartirá despois da chegada das súas maxestades. 

Ademais haberá maxia, obradoiros de construción de figuras de papel, zumba e outras animacións que acompañarán aos nenos e nenas ata a chegada real.

Esta ano os reis xa enviaron aviso coa promesa de chegar cargados de agasallos para os nenos e nenas teenses.

Na xornada do 5 de xaneiro tamén ser realiza unha cabalgata dende o departamento de Benestar que visita as escolas infantís municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa e as residencias de maiores.

Cabalgata

Arquivos descargables

Attachment Size
Programa Cabalgata Reis.pdf 2.24 MB