O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Celébrase a asamblea para crear o Consello Parroquial de Teo

| compartir:

A parroquia de Teo está convocada a unha asamblea o xoves 15 de marzo na Casa Común a partir das 20:30 horas. O encontro servirá para constituír o Consello parroquial de Teo. É a primeira vez que se crea no municipio un órgano deste tipo, dacordo co previsto no Regulamento de Participación Veciñal do Concello.

Á Asamblea parroquial poden acudir todas as persoas residentes na parroquia maiores de dezaseis anos. En conxunto, compartirán e identificarán as necesidades máis importantes para a zona, ademais de nomear as persoas que representarán a parroquia no Consello.

A nova entidade facilitará o diálogo entre a a veciñanza da parroquia, o persoal do Concello e os representantes dos grupos políticos que conforman a corporación no cometido de analizar as necesidades e definir as propostas de mellora máis relevantes que observen no seu territorio con vistas a presentalas ante o executivo municipal.

Que son os consellos parroquiais?

O Regulamento de Participación Veciñal establece a creación dos Consellos Parroquiais en todo o municipio. Están pensados como espazos de debate, consulta, información, control e proposta para mellorar a xestión municipal, de xeito que conforman unha ferramenta para impulsar a nivel parroquial a participación de veciños e veciñas, colectivos e asociacións.

Mediante as persoas que integren os Consellos Parroquiais, a veciñanza poderá efectuar propostas, ademais de solicitar por escrito que se traten temas concretos. Dentro desta dinámica, actualmente cada parroquia trasladará ao Goberno de Teo unha serie de propostas de actuación priorizadas.

asamblea

Arquivos descargables