O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Campamento infantil e xuvenil na Mariña de Lugo

| compartir:

Os campamentos municipais de verán celebraranse este ano na Mariña de Lugo. En concreto, tanto o campamento infantil como o xuvenil terán como escenario o albergue xuvenil de Barreiros. As instalacións están situadas en San Miguel de Reinante e foron inauguradas hai un par de anos, despois dunha serie de traballos de reforma.

O campamento xuvenil contará con 65 prazas e para o infantil ofértanse 103 parazas. O xuvenil celebrarase do 1 ao 9 de agosto e o infantil do 11 ao 19 de agosto. Os campamentos teñen un custe de 90 euros.

O prazo de inscrición para os dous campamentos está aberto do 2 ao 16 de maio. Se hai máis solicitudes ca prazas farase un sorteo público o 1 de xuño ás 19:00 horas na Casa do Concello.

Consulta aquí a información sobre o campamento infantil

Consulta aquí a información sobre o campamento xuvenil

campamento

Arquivos descargables