O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Benestar presenta o programa anual de actividades para maiores e excursións

| compartir:

O Departamento de Benestar publica no mes de xaneiro o seu programa de envellecemento activo e o calendario anual de excursións e ceas dirixidas ao colectivo de persoas maiores. Dende o 2 de xaneiro xa está aberta a inscrición nas diferentes actividades ofertadas, case todas de balde.

O programa de cursos centrase en ximnasia terapéutica da que hai quince grupos en diferentes lugares e horarios; estimulación cognitiva da que se oferta grupo en Cacheiras, Luou, Vilariño, Recesende e Calo; exercicio para persoas con enfermidades crónicas que se fai en Cacheiras os martes e xoves de 17: a 18:30 horas; pintura e encaixe de bolillos. Tamén hai clases semanais na piscina municipal da Ramallosa cun custe de 6 euros ao mes. Para inscribirse hai que achegarse aos Servizos Sociais ou chamar ao 981.809.707. Podes consultar a oferta de actividades completa premendo aquí

Tamén se saben xa os destinos das excursións para maiores deste 2018. A primeira será o 21 de febreiro ás termas de Outariz en Ourense. O 24 de marzo visitaremos Viana do Castelo; o 28 de abril Verín e Chaves; o 26 e 27 de maio farase unha saída con noite e iremos ata Asturias e o 29 de setembro achegarémonos á zona de Vigo. As inscricións nas excursións fanse tamén no teléfono 981.809.707 entre o 1 e o 15 de cada mes no que haxa unha programada e poden participar persoas maiores de 60 anos ou pensionistas. Podes consultar o calendario completo de excursións premendo aquí

Ademais das excursións tamén teremos ceas baile os últimos sábados de xaneiro, febreiro, outubro e novembro. Serán en restaurantes de Teo cun prezo de 20 euros persoa.

excursión maiores

Arquivos descargables

Attachment Size
actividadesmaiores_2018.pdf 344.31 KB
excursionsmaiores_2018.pdf 334.89 KB