O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

AS XORNADAS DE FORMACIÓN EMPRENDE EN TEO AMOSARÁN A EXPERIENCIA DE VARIOS EMPRENDEDORES

| compartir:

O programa das xornadas está dividido en catro módulos: Exploro, Eu Son, Emprendo e Teño axuda. O horario é de 09:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas tanto o xoves 15 coma o venres 16. Na mañán do xoves 15 presentarase un Safari de emprendemento no territorio; unha idea e caso práctico e pecharase cunha mesa de experiencias. Pola tarde falarase da empresa e dos novos  medios, como desenvolver unha marca, a imaxe corporativa e o comercio electrónico e as redes sociais.

O venres 16 abordarase como realizar un plan de empresa, a constitución da empresa ou a actualización da mesma. No último módulo presentaranse as axudas para emprender centrado no financiamento e subvencións existentes para empresarios así como as axudas e emprendedores. 

A coordinadora deste programa de formación é Rosa Leis, directora técnica de Adterra, que se encarga de elaboración proxectos e programas de desenvolvemento local ademais de ter experiencia en xestión de programas europeos. 

Un dos elementos máis interesantes destas xornadas será a posibilidade de escoitar casos de éxito de emprendedores/as na mesa de experiencias. Achegarase a Teo Raquel Carregal, propietaria do albergue "Ultreia"; Lidia Rilo, propietaria dunha clínica de fisioterapia, Andrea González que elabora doces artesáns, David López, emprendedor no sector da horticultura ou Juan Carlos García, que se adica á produción e envasado de pataca baixo marca de calidade. 

O xoves 15 comezará co Safari de emprego a cargo de Rocía Agra e Pilar Díaz, con experiencia en xestión de proxectos de desenvolvemento local e rural e experiencia en emprendemento. A continuación Ramón López Carnota, licenciado en ADE, diplomado en Ciencias Empresariais, e PDD polo IESE Business School presentará A idea, caso práctico. 

Nos tempos actuais faise imprescindible ter coñecementos de comercio electrónico e redes sociais así como o mellor xeito de desenvolver unha marca. Desa parte encargarase Inma Carbia, mestra de márketing dixital e axente de desenvolvemento local do programa Equal para a Fundación Paidea. 

Para a parte das axudas e do financiamento teremos entre outros a Isabel Covelo, licenciada en ADE e con experiencia en xestión de programas europeos; Marién Delgado, directora de SIC- Servicios de Innovación e Cooperación, Consultora en asuntos europeos ou Rogelio Maneiro, director dunha oficina de Caixa Rural. 

A xornada "Emprende en Teo" é gratuíta para os/as participantes e está organizada polo Concello e financiada pola Deputación da Coruña.

xornada Emprende Teo