O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NA EDAR DE CALO O VINDEIRO DOMINGO

| compartir:

O Concello organiza unha xornada de portas abertas na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Calo, en Cabanas, o vindeiro domingo, 2 de outubro. As visitas efectuaranse entre as 12:00 e as 13:30 horas e as persoas que se acheguen poderán coñecer o funcionamento desta instalación máis os problemas aos que se enfronta por culpa dun uso inadecuado do servizo de saneamento.

Esta iniciativa coincide coa xornada de limpeza simultánea de cauces fluviais por todo o país do Proxecto Ríos, que coordina a asociación ecoloxista ADEGA. En Teo, o Concello e a asociación veciñal Carballeira do San Martiño organizan dentro deste programa a limpeza dun tramo do río Tinto, o comprendido entre os muíños de Vilaverde e Cabanas.

 

Para participar nesta xornada de limpeza, hai que anotarse no Concello (981 81 57 00) ou acudir directamente aos muíños de Vilaverde, como punto de encontro, ás 11:00 horas do domingo. O Concello anima a participar nestas actividades, que permitirán coñecer mellor o papel dos ríos como fontes de vida, os riscos aos que se enfronta o seu ecosistema por mor da acción humana e a maneira de mellorar o seu coidado na vida cotiá.

teo