O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

VARIAS MONTAXES TEATRAIS CENTRAN A OFERTA LÚDICA EN TEO ESTA FIN DE SEMANA

| compartir:

A fin de semana é tempo de teatro en Teo. Ou alomenos desta fin de semana. O venres 21 despídese no Auditorio Constante Liste a peza "Goldi Libre·, a primeira montaxe producida dende Berberecheira, un criadeiro cultural de Chévere. A obra comeza ás 21:00 horas e as entradas pódense mercar premendo aquí

O sábado 22 ás 17:00 horas na Casa Común dos Tilos preséntase "A historia de Brancaflor" dirixido a un público familiar, indicado especialmente para nenos/as de 6 a 12 anos. É un contacontos de Fran Rei dos Sete magníficos+1 e a entrada é de balde ata completar aforo.

Dentro do mes do outubro teatral o mesmo sábado, pero xa pola noite ás 21:00 horas teremos "D.E.P. Unha comedia de morte" da compañía Malasombra Teatro. Escrita por Pep Antón Gómez e Jordi Sánchez e dirixida por Marcos Orsi conta no elenco con Jouse García, Patricia Rodríguez e Xoque Carbajal. Está dirixida ao público adulto e o acceso é de balde ata completar o aforo. 

O domingo teremos en Vilar de Calo, no local da Asociación O Cachón, sesión vermú coas Fillas Bravas de Chévere dende as 13:00 horas, tamén de balde. 

O domingo ás 18:30 horasno Auditorio Constante Liste o grupo Martabelas, da asociación Teenses pola igualdade, representa a obra "Dez baixo cero". É un espectáculo para público adulto. 

unha comedia de morte