O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

UN ERRO NA LIQUIDACIÓN DO EXERCICIO DO 2015 OBRIGA AO CONCELLO A REALIZAR UN PEF

| compartir:

O Concello de Teo deberá realizar un Plan Económico Financeiro (PEF) diante da petición da Dirección Xeral de Política Financeira da Xunta de Galicia. Segundo explica o alcalde de Teo, Rafael Sisto, o informe de intervención en base ao que se aproba a liquidación do orzamento do 2015 tiña un erro no cálculo do teito de gasto derivado de aplicar un coeficiente equivocado.

Diante dunha comunicación da Xunta na que se notificaba o incumprimento da regra de gasto na liquidación do 2015 os servizos técnicos da área ecónomica analizan o citado expediente e detectan que cometeran un erro no cálculo, comunidándollo á alcaldía o pasado 17 de outubro.

 

 

 

Esta situación obriga ao Concello a elaborar un PEF para reducir o teito de gasto nas contas actuais e nas do ano próximo. Dado o avanzado do exercicio estase traballando nun estudo do estado dos gastos do orzamento do 2016 xa que nos atopamos a pouco máis de dous meses do peche do mesmo e co estado de gastos moi avanzado.

 

 

 

Dende a alcaldía quérese destacar que esta situación “resulta preocupante porque a pesares de que o ano pasado tivemos un superávit de 900.000, para o Ministerio de Facenda o aforro debería ser de ó redor de 1,5 millóns de euros”. Para o alcalde de Teo, Rafael Sisto, “as políticas de Montoro cos Concellos son de asfixia e de intervención real xa que se pode dar a paradoxa de que teñas fondos económicos e polas medidas de axuste non os poidas usar para realizar investimentos reais e necesarios para a cidadanía”. A maiores Sisto pregúntase “para que sirve ese superávit cando no o podes gastar?, será a caso para refinanciar entidades bancarias?”.

Agárdase poder levar o PEF ao pleno de novembro, unha vez analizados todos os datos do expediente. Este asunto xa se trasladou aos voceiros municipais nunha xunta realizada onte na que o alcalde estivo acompañado dos servizos técnicos.

teo