O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

UN CENTENAR DE MOZOS E MOZAS PARTICIPAN NO CAMPAMENTO XUVENIL

| compartir:

Un total de 91 mozos e mozas de Teo inician hoxe o campamento xuvenil programado polo Concello na súa programación estival. A primeira hora da mañá, partiron desde A Ramallosa os dous autobuses que os trasladaron ata Cangas do Morrazo, onde se empraza o albergue xuvenil que funcionará como epicentro das actividades. Na despedida de hoxe participaron pais, nais, avós e irmáns, acompañados polo alcalde de Teo, Rafa Sisto.

Ata o vindeiro venres 19 de agosto, os participantes, nados entre 1999 e 2004, terán a ocasión de participar en diversas propostas lúdicas e deportivas, como surf, bobyboard, caiac ou sendeirismo, ademais de efectuar varias visitas a lugares de interese da zona. A promoción de hábitos de vida saudables e o respecto pola natureza son unha constante nas actividades programadas durante esta semana.

 

O xoves da vindeira semana comezará o campamento infantil programado polo Concello de Teo. Terá lugar en Santa Cruz de Oleiros ata o 26 de agosto.

teo