O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Teo volve a tinguirse de negro contra as violencias

| compartir:

O Concello de Teo participa de novo na campaña En negro contra as violencias para denunciar a violencia machista con motivo da celebración do 25 de novembro. Este ano participan de novo numerosos establecementos comerciais que durante esta semana usan o negro, símbolo do loito, nos seus locais ou escaparates para amosar o rexeitamento á violencia exercida contra as mulleres. Durante estes días case 100 espazos entre superficies comerciais, colexios, espazos institucionais terán os lemas da campaña Teo en negro.

Así mesmo, tamén en espazos institucionais coma o propio concello, ou nos colexios se poderán ver imaxes da campaña que recollen lembas contra o machismo coma "non son un príncipe azul", "espazo libre de violencias machistas", "sempre libre e viva" ou "si, é si...non, é non".

Esta campañan conta cunha web na que calquera persoa interesada pode descargar o material identificativo. Deste xeito estas imaxes pódense usar nas redes sociais ou en espazos físicos. Recoméndase que as publicacións en redes sociais se acompañen da etiqueta #Teoennegro ou  #contraasviolencias.

Acto institucional

Por outra banda o 24 de novembro ás 20:00 horas na Casa do Concello terá lugar o acto institucional. Nel contaremos coa participación do grupo musical "Máis boas cás patacas" formado por estudantes do IES de Cacheiras que interpretarán o seu tema "Son muller". Estas mozas, que teñen un discurso claramente reivindicativo, veñen de gañar un premio no concurso musical da Deputación da Coruña Quero cantar e a súa  canción vai camiño de convertirse en himno para esta data do 25 de novembro.

Ademais desta actuación musical farase a lectura do manifesto institucional, que leerá a xornalista de Teo Pilar García Rego, e teremos a intervención da actriz Clara Gayo.

Por outra banda nestes días tamén se está facendo unha intervención de arte urbana na zona de Calo na que se amosa o rexeitamento contra a violencia de xénero.

Teo en negro

Arquivos descargables

Attachment Size
Manifesto 2017.pdf 28.5 KB