O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

TEO ASINA CON SANTIAGO E A XUNTA O CONVENIO QUE GARANTE O SERVIZO DE TRANSPORTE URBANO NOS TILOS

| compartir:

O alcalde de Teo, Rafael Sisto, o rexedor de Compostela, Martiño Noriega, e a Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, asinaron o convenio de colaboración para a coordinación dos servizos de transporte público con orixe ou destino na urbanización dos Tilos.

O obxecto deste convenio é habilitar o transporte urbano da cidade de Santiago de Compostela a estender os seus servizos á urbanización dos Tilos, situada fóra do seu termo municipal. En virtude de tal habilitación, poderanse realizar tráficos interurbanos coa dita urbanización, tanto de entrada como de saída da cidade.

 

O convenio asinado recolle a extensión das actuais liñas 6 e 12 do transporte urbano ata o barrio dos Tilos. Así, establécese que o servizo de transporte público colectivo á urbanización dos Tilos será prestado pola empresa contratista da xestión do servizo público de transporte urbano do Concello de Santiago.

 

Comisións Técnica e de Seguimento

 

Con este convenio créase unha Comisión de Seguimento coa representación da Xunta de Galicia e dos concellos de Santiago e Teo, que terá como funcións velar polo cumprimento do convenio, interpretalo e resolver as posibles dúbidas e aprobar as modificacións substanciais nas condicións de prestación do servizo.

teo