Remata o prazo de inscrición na liga de fútbol sala Concello de Teo

05-10-2017
liga fútbol sala

A concellería de Deportes abriu, como cada ano, a inscrición para a XX Liga de fútbol sala Concello de Teo. Os equipos interesados, que teñen que ser do Concello, teñen ata o 6 de outubro para inscribirse. Esta iniciativa nace en mantense coa intención de fomentar o deporte. A súa implantación en Teo demóstrao que este ano chega aos vinte anos.

As persoas que queiran anotarse deben entregar no Rexistro Xeral do Concello a folla de solicitude debidamente cuberta. A

Podes consultar aquí as bases da liga de fútbol sala.

Podes descargar aquí a solicitude de inscrición.

Máis información no teléfono 981.815.700 ou no correo electrónico: deportes@teo.gal