O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Publícanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas para as Escolas Infantís Municipais

| compartir:

O Departamento de Benestar vén de publicar as listaxes provisionais das escolas infantís municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa. Trátase da listaxe de solicitudes admitidas e excluídas para o curso 2017/18 nos tres centros públicos de Teo.

Dende o 3 de maio ábrese un prazo de dez días, que remata o 15 de maio incluído, para posibles reclamacións ou subsanacións sobre estas listaxes. As reclamacións deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello no prazo indicado, do 3 ao 15 de maio ambos incluídos, a través dunha instancia de da documentación que xustifique a reclamación.

Os expedientes, tando de reserva como de novo ingreso, aparecen identificados co número de rexistro de entrada no Concello por protección de datos. Ao tratarse de datos provisionais a adxudicación de praza ou a concesión de posto na listaxe de agarda pode variar respecto da lista definitiva.

As persoas que queiran consultar o seu expediente deben achegarse aos servizos sociais comunitarios en horario de 8:00 a 12:00 horas ou chamar ao teléfono 600 315 870.

Unha vez que se publiquen as listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas procederase á apertura do prazo de matrícula que será do 1 ao 15 de xuño.

Listaxes provisionais escolas infantís

Arquivos descargables

Attachment Size
Listaxes provisionais- publicación.pdf 147.19 KB