
O venres 5 de maio ás 18:00 horas na Biblioteca dos Tilos (Casa Común dos Tilos), o IES de Cacheiras a través do seu proxecto de alfabetización cinematográfica ATURUXO FILMS organiza a proxección da película En construcción de José Luís Guerin como unha das actividades do proxecto europeoCINED no que participa. O alumnado de Cultura Audiovisual presentará a película e organizará o coloquio posterior co público asistente.