O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A PRIMEIRA EDICIÓN DO "LIBRETEO" TIVO UNHA GRAN ACOLLIDA NO CONCELLO

| compartir:

O pasado sábado, día 30 de abril, tivo lugar no Auditorio da Ramallosa do Concello de Teo o “LibreTeo”, un evento organizado por AGASOL en colaboración cos Departamentos de Promoción Económica e Mocidade do Concello de Teo e Boa Idea e adicado ao software e ao coñecemento libre.

O evento tivo unha duración de 12 horas, repartidas en distintas charlas e talleres. En total, asistiron entre 140 e 150 persoas que participaron, na maior parte, en tódalas actividades. Por outra banda, tanto os talleres de programación para nenos e nenas, como os obradoiros de instalación de sistemas operativos libres tiveron tamén un gran éxito. As charlas, polo seu lado, xiraron en torno a dous eixes, en primeiro lugar facilitando distintas solucións para distintos tipos de necesidades por medio de software libre e, por outra banda, coa presentación do coñecemento libre e compartido a través da rede.

 

“LibreTeo” desenvolveuse sen problemas e foi retransmitido por medio de Instragram, Facebook e Twitter, onde se rexistraron máis de 200 chíos sobre o evento, baixo a etiqueta #LibreTeo. 

 

O obxetivo desta iniciativa era, segundo a Concelleira de Promoción Económica, Conchi García, achegar aos teenses esta parte do sector tecnolóxico “cunha linguaxe accesible e para todos os públicos”. Conchi García resalta, ademais, o interese dos/as asistentes en contar cunha segunda edición do “LibreTeo” de cara ao ano 2017 e valora a participación como “moi boa e superior ás previsións”. 

 

Dende o Concello de Teo, quérese agradecer á organización do evento e aos voluntarios que axudaron a que todo saíra adiante sen incidencias. 

libreteo