O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A PIQUES DE REMATAR O PRAZO PARA PARTICIPAR NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DO TEO 30

| compartir:

Quedan poucos días para participar no concurso de fotografía "O meu Concello é Teo" convocado dentro do programa Teo30 . Con esta iniciativa quéres activar unha mirada de orgullo da poboación sobre o seu Concello. Os traballos poderanse enviar ata o 20 de marzo de 2017. 

O tema do concurso é as cousas que fan sentir orgullo de vivir en Teo así como aquelas singularidades polas que paga a pena visitar o Concello e valorarase sobre todo a capacidade do traballo para transmitir distintas percepcións e aspectos non evidentes que vaian máis aló da propia imaxe, segundo indican dende a organización.

Pode participar calquera persoa maior de idade con obras de autoría individual. Cada participante pode presentar tantas imaxes como queira. As fotos deben presentarse en formato jpg e con alta calidade (mínimo 1.800x1.800 pixeis, sen pasar de 1,5 mb de tamaño). As imaxes deben ir acompañadas un título e dun texto explicando o seu contido. 

Os traballos deben enviarse ao seguinte enderezo de correo electrónico: participa@galiciasustentable.org indicando no asunto da mensaxe "Concurso O meu Concello é Teo". No envío deberase indicar o nome e apelidos do autor ou autora, a data de nacemento, o enderezo de correo electrónico e un teléfono. 

O premio deste concurso é unha cámara tipo réflex. 

Consulta aquí as bases completas do concurso

teo