O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

AS PARROQUIAS DE CACHEIRAS E TEO CELEBRAN O ENTROIDO DOS XENERAIS DA ULLA

| compartir:

O Concello de Teo celebra o fin de semana grande do entroido cos xenerais da Ulla nas parroquias de Teo e Cacheiras. No caso de Cacheiras sairán o sábado 25 e domingo 26 mentras que en Santa María de Teo, máis pequena, sairán só o sábado. 

O percorrido en Cacheiras este ano comezará por Montouto, a Póvoa, Cobas, a Barcia, Penelas, Tras do Eixo, as Noenlles, Procelas, a Torre, a Devesa, o Raxó, Feros e Cacheiras rematando no campo da festa o sábado. O domingo a comitiva do entroido sairá dende as 11:00 horas do Sisto, e pasarán por Pedrouso, Vilar, Guldrís, Lamas, Montes, Solláns, As Laxes, Requián, a zona do instituto, a zona da Igrexa, Sebe, a Pedra,  Catro Camiños, As Pozas e Cacheiras. As dúas xornadas se pecharán co tradicional atranque a última hora da tarde no campo da festa. As coordenadas para o GPS do campo da festa son: 42º 49´17.8"/8º 32´38.2".

 

En Santa María de Teo sairán o sábado dende mediados da mañá do campo da festa e pasarán polos lugares de Fontenlo, Noceda, Vilachaíño, Agromaior, Maios, Fontelo, Vilar, Campos e volta ao campo da festa. Rematarán co atranque e co sermón do “pai mala-lingua”, unha figura propia desta parroquia que fai un sermón de corte satírico e que se recita no momento dos atranques. As coordenadas de GPS do campo da festa son 42º 45´52.5"/ 8º 31´14.3"

teo