O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A PARROQUIA DE REIS ABRE O ENTROIDO DOS XENERAIS EN TEO ESTA FIN DE SEMANA

| compartir:

O entroido dos xenerais da Ulla arranca en Teo esta fin de semana, concretamente na parroquia de Reis. Os xenerais, correos, comparsas e coros sairán o sábado e domingo dende pola mañá para poder percorrer a parroquia. En Reis ademais sairá o “Demo”, unha personaxe que só sae nesta parroquia teense. Nas dúas xornadas realizarase o tradicional atranque no campo da festa ó redor das 19:30 horas.

As comparsas e os xenerais sairán o sábado de Coira e pasarán polo Freixeiro, Valiñas, Samar, Pazos, Montecelo, Piñeiro, A Freiría, a Ribeira e rematarán no campo da festa. O domingo sairán pola mañá do Ferreiriño e pararán en Chao do Río, Outeiro, o Calvario, a Ribeira, Olveira, Xermeade, Pontevea e volverán a rematar no campo da festa. As coordenadas GPS do campo da festa son as seguintes: 42º 46´ 17.9"/ 8º 33´ 10.1"

 

Este ano, pola prohibición da Dirección Xeral de Tráfico, non se poderá ver un dos momentos máis destacados da ruta do entroido de Reis, o domingo pola tarde cando a comitiva chega a Pontevea. A pesar de que en anos anteriores se ten realizado con normalidade e coa colaboración da propia garda civil de tráfico este ano emitiron dende Tráfico unha comunicación na que non autorizan esa parte do desfile. No resto da xornada, como o sábado, comparsas e xenerais estarán acompañados de Protección Civil e Policía Local para facilitar a ruta. 

 

Despois de Reis será a quenda da parroquia de Cacheiras que celebra o entroido os días 6 e 7 de febreiro, en Santa María de Teo tamén o día 6, o sábado 13 en Bamonde e o domingo en Vilariño.

teo