PABLO DÍAZ ESTARÁ NO CSC DA RAMALLOSA CO SEU ESPECTÁCULO INFANTIL "TOC-TOC"

20-11-2015
teo

O Departamento de Cultura do Concello de Teo programou para este sábado 21 de novembro o concerto infantil "Toc-toc" de Pablo Díaz e a banda Tic tac toc. A actuación comezará ás 18:00 horas no CSC da Ramallosa e a entrada é de balde.

Segundo explican dende a propia banda Toc-toc é unha chamada á porta do mundo dos nen@s. Un mundo de ledicia, ilusión, amizade e compañeirismo, onde non teñen cabida as guerras e si a defensa do medio ambiente, a protección dos animais , a ilusión da chegada do apalpador no Nadal, a fantasía do mundo dos piratas, e como non, o mundo paralelo dos nen@s: os contos, onde poden aparecer protagonistas femininas, creativas e decididas (e non nenas/mulleres inxenuas como a tradición literaria deste xénero nos presenta habitualmente) xogando así un papel máis próximo á sociedade de hoxe en día.  

No eidomusical, “Toc toc” rima con rock, pop, folk e tamén soul, a alma da música moderna que partiu da tradición cultural e musical de moitos países africanos que neste caso mesturase coa tradición musical galega.

O departamento de Cultura agradece que cada asistente faga unha aportación ao Banco Veciñal de alimentos (produtos non perecedeiros, leite, conservas...)