O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

OS TÍTERES CATALÁNS PROTAGONIZAN A PRIMEIRA XORNADA DE TITIRIBERIA

| compartir:

En paralelo, o IES acolleu a partir das 9:35 horas o obradoiro Monicreques en igualdade, unha actividad que traballa as relacións de xénero ao tempo que amosa a manipulación e manexo de monicreques.  

 

Os títeres cataláns manteñen o seu protagonismo ao longo da primeira xornada do evento. Titelles Vergés de novo serán os reponsables de pór en escena outro conto clásico, Perico sin miedo no que amosan o mellor da tradición mediterránea de bonecos de cachaporra.  O propio Sebastiá Vergés, cabeza da compañía, será o encargado de pronunciar pola tarde unha conferencia sobre os títeres tradicionais cataláns, unha variedade única no mundo polo seu particular xeito de manexo. Será ás 19:30 horas no Auditorio Constante Liste. 

 

A xornada rematará coa proxección do documental Morreu o Demo, acabouse a peseta, de Pedro Solla. O filme propón un percorrido pola familia europea de títeres ao tempo que amosa o esquecemento e recuperación de Barriga Verde, o representante galego desta saga de personaxes populares. Os interesados deberán acudir á Mediateca do Grilo ás 21 horas. En paralelo, ao longo de todo o festival, o Auditorio Constante Liste acolle a exposición Onde foi Barriga Verde? que reflexiona sobre o esquecemento deste personaxe de xeito didáctico en dez paneis.  

 

Programa

 Ata o vindeiro día 9, o encontro achegará a diferentes localidades do concello un total de dez funcións de sete obras diferentes e múltiples actividades sobre estes espectáculos populares. Personaxes da familia de títeres europeos como o Pericu catalán, os Robertos portugues o Don Cristóbal andaluz e, por suposto o Barriga Verde galego, daranse cita nun programa que inclúe tamén conferencias e mesas redondas.  Nas vindeiras xornadas, destacan propostas como a mesa redonda “A vixencia da cachaporra: Violencia nos títeres tradicionais?”, na que se debaterá a importancia deste elemento na tradición europea de bonecos e os xeitos nos que se pode achegar este patrimonio aos públicos actuais. Na mesma participarán o principal historiador dos títeres a nivel peninsular, Adolfo Ayuso; a compañía Títeres desde Abajo, tristemente famosa por seren acusados os seus membros de apoloxía do terrorismo; Larraitz Urruzola, membro da compañía Babaluva, cunha ampla experiencia en espectáculos de bonecos de carácter didáctico e especialmente orientados á primeira infancia e finalmente Manolo Dios, educador e fundador do Seminario Galego de Educación para a Paz. O acto desenvolverase o día 8 de decembro ás 21 horas na biblioteca dos Tilos. 

 

Outras propostas que visitarán Teo serán a compañía portuguesa Red Cloud, co seu espectáculo de Dom Roberto, personaxe tradicional que ata os anos 60 do século pasado era habitual atopar nos teatriños dos parques e prazas do Porto. Pola súa banda a compañía granadina Siesta teatro presentará un espectáculo baseado na tradición europea de títeres de cachaporra á que incorpora tintes andaluces. Títeres desde Abajo porá en escena outra das súas adaptacións, as Cristobitas, neste caso dirixida a todos os públicos. 

 

Tradición galega Na última xornada o evento, o día 9, Barriga Verde, está presente no programa a través da versión anovada do personaxe que Títeres Alakrán levou a escena. Logo da representación desenvolverase un encontro de memoria no que persoas do concello recuperarán as súas lembranzas deste espectáculo e do mundo das feiras tradicionais. Pola súa banda, Viravolta Títeres amosará a súa interpretación da tradición galega da cachaporra coa posta en escena de Vida, crimes e prisión de Toribio de Mañón. 

Títeres Teo