O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

OS REIS MAGOS CHEGAN EN TREN Á ESTACIÓN DE OSEBE E REMATARÁN A TARDE NO PAVILLÓN EZEQUIEL MOSQUERA NA RAMALLOSA

| compartir:

Dende a estación de tren irán ata o centro da SR de Calo sobre as 16:05 horas, logo visitarán o local da Pontevella en Pontevea ás 16:40, irán ata o centro comercial dos Tilos sobre as 17:35 e pasarán polo centro cultural da AC Rosalía de Castro ás 18:10 horas. No pavillón municipal da Ramallosa haberá actividades dende as 17:30 horas para facer máis amena a espera das súas maxestades. 

Esta ano os reis virán cargados de agasallos para os nenos e nenas teenses. E acordaron colaborar dun xeito moi especial coas bibliotecas públicas de Teo. Os reis entregarán un regalo a cada neno/a pero para completalo deberán visitar despois algunhas das bibliotecas. E non contamos máis para non estropear a sorpresa!

No pavillón tamén haberá varias sorpresas para agardar aos Reis Magos. Teremos inchables, un photocall, unha máquina de facer pombas de millo ou chocolate e roscón de reis. 

Cabalgata social

O día 5 de xaneiro as súas maxestades terán moito traballo xa que pola mañá tamén visitarán as escolas infantís e pola tarde as residencias de maiores do Concello. Para algo son magos e poden estar en moitos sitios a un tempo. Esta cabalgata está organizada dende o departamento de Benestar. 

reices magos