O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O PROXECTO 'VIVES EMPREGA TEO' PREPARA OS PARTICIPANTES PARA O ACCESO AO MERCADO LABORAL

| compartir:

O Concello de Teo a a entidade Acción Contra el Hambre desenvolven o proxecto ‘Vives Emprega Teo’, ideado para mellorar as capacidades de acceso ao mercado laboral de persoas en risco de exclusión social. É a única acción en toda Galicia deste proxecto, financiado pola Unión Europea.

Ata o mes de agosto, o programa ofrece obradoiros e sesións formativas nunha aula do Centro Sociocultural da Ramallosa, co propósito de que as persoas que participan adquiran e perfeccionen as súas habilidades sociais e as competencias básicas para o emprego. A partir do mes de setembro, comezará o traballo con outro grupo, ata febreiro de 2017.

 

Contidos

Unha primeira sesión do programa foi impartida pola orientadora laboral do Concello de Teo, Lourdes Dourado. Serviu para asesorar as persoas participantes sobre os recursos de emprego dispoñibles e a forma de acceder a eles. A súa intervención centrouse especialmente no Servizo Público de Emprego, detallando as súas funcións e o seu funcionamento.

 

A preparación en profundidade da entrevista de selección foi o contido destacado do obradoiro impartido por Santiago Vázquez, director xerente de Atendo Calidade. Na súa intervención, describiu os factores que se deben ter en conta antes de acudir a tal proba e os aspectos a defender no seu transcurso. Vázquez remarcou a importancia de poñer en valor as habilidades e capacidades como candidatos idóneos para o posto de emprego.

 

Ata o mes de agosto, o proxecto ‘Vives Emprega Teo’ continuará desenvolvendo obradoiros con outros profesionais e empresas da contorna. A estas actividades, súmanse os talleres que as propias persoas participantes deseñan e dinamizan para os seus compañeiros e compañeiras. Por exemplo, un deles efectuou un exercicio sobre a importancia da creatividade e da marca persoal na elaboración do currículo vitae.

 

O Concello de Teo financia este proxecto cunha achega do 20 % do seu custo. A financiación restante obtívoa Acción Contra el Hambre a través de fondos europeos. A Administración Local encargouse dos labores precisos para a selección das persoas participantes na iniciativa, ademais de xestionar a participación de poñentes en diversas sesións e obradoiros.

 

Xornada conxunta en Sevilla

Nove dos participantes no proxecto, máis a educadora social do Concello de Teo, asistiron hai uns días en Sevilla a unha xornada conxunta de todas as accións ‘Vives Emprega’ que se están desenvolvendo no conxunto do territorio español. Alí puxeron en común as súas experiencias e desenvolveron diversos obradoiros. Os custos do desprazamento foron sufragados exclusivamente polas institucións europeas que financian a iniciativa.

 

Nestes momentos, están en marcha unha ducia de proxectos semellantes en todo o territorio español. Segundo datos de Acción Contra el Hambre, ata agora lograron que o 54 % dos participantes atopasen un emprego e que o 29 % realizasen algún tipo de acción formativa.

vives emprega