O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O PROGRAMA DE VOLUNTARIADO SOCIAL BUSCA PERSOAS QUE COLABOREN CO NADAL SOLIDARIO

| compartir:

O Programa de Voluntariado Social dos servizos sociais comunitarios de Teo busca persoas que colaboren no nadal solidario. O servizo consistirá na captación de fondos para a compra de xoguetes que se repartirán ás familias en dificultade social e na organización da cabalgata de reis durante o día 5 de xaneiro nas Residencias de maiores e escolas infantís municipais

Para anotarse ou recibir máis información poñerse en contacto co departamento de servizos sociais no teléfono 630505930, ata o 11 de decembro. Se tes algún tempo e queres colaborar non o dubides. Tamén nos podes axudar difundindo este aviso.

teo