O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O pleno vota unha modificación do imposto de vehículos

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 25 de outubro en sesión ordinaria. O debate terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal.

Na sesión votarase unha modificación da ordenanza do Imposto de vehículos de tracción mecánica que lle da cumprimento a unha acordo plenario do ano pasado impulsado polo BNG no que se propoñían bonificacións aos vehículos con motores máis eficientes e menos contaminantes.

A orde do día ten os seguintes puntos:

  1. Dar conta das resolucións da alcaldía (da 764/17 á 831/17).
  2. Dar conta do informe de intervención sobre o cumprimento de pago, 3º trimestre 2017.
  3. Dar conta do cumprimento do artigo 104 BIS da lei 7/1985, do 2 de abril, en relacióin co persoal eventual.
  4. Ditame da proposta da alcaldía do expediente de revisión de oficio do acordo plenario, do 29 de setembro de 2016, de aprobación definitiva de estudo de detalle: proposta de resolución e solicitude de ditame ao consello consultivo.
  5. Ditame da proposta da alcaldía de modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do Concello de Teo.
  6. Mocións.
  7. Rogos e preguntas.

 

Sesión plenaria